Unidade rural
A Unidade Rural, é unha iniciativa do Concello de Lugo, posta en marcha no Centro de Empresas e innovación (CEI-NODUS), para a promoción integral da actividade socioeconómica da contorna rural do concello.
Servizos
Desde a Unidade Rural, ofrécense os servizos seguintes aos usuarios potenciais:
Identificación de oportunidades de negocio no medio rural
Asesoramento no inicio de proxectos empresariais no medio rural
Asesoramento na tramitación da constitución de novas empresas no rural
Información, asesoramento e xestión de axudas e subvencións para os proxectos empresariais desenvolvidos no medio rural do concello
Usuarios potenciais
Os usuarios potenciais dos servizos ofrecidos pola Unidade Rural, son:
Poboación residente na zona rural do concello
Poboación que desenvolva actividades económicas na zona rural
En especial: mulleres, mozos e mozas, desempregados e desempregadas de longa duración, persoas discapacitadas, etc.
Sectores de intervención
Os principais sectores de intervención, serán:
Actividades agrícolas, silvícolas e gandeiras
Actividades de conservación da natureza e de xestión dos recursos naturais
Enerxías renovables
Turismo rural, comercio e artesanía
Novas tecnoloxías
Servizos sociocomunitarios
Obxectivos
Os obxectivos que persigue acadar a Unidade Rural, son os seguintes:
Creación de riqueza e calidade de vida no medio rural do concello
Promoción de actividades económicas para a posta en valor dos recursos propios da zona, especialmente daqueles que estean infrautilizados
Creación de novas oportunidades de emprego, de novas empresas e de consolidación das xa existentes
Díptico
da Unidade Rural
XVI informe sobre a xestión e o estado económico do cooperativismo agrario en Galicia