Empregalia
Plan de emprego que favorecerá a través da formación a inserción laboral de 105 mozos e mozas menores de 30 anos de idade, inscritos no programa de Garantía Xuvenil.
Conta cun orzamento total de 600.000€, dos que o Fondo Social Europeo achega o 91,8% e o Concello o 8,2%. Consta de 7 accións formativas, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño, con 15 participantes por cada unha delas. Son as seguintes:
Aplicación e manexo de sistemas aéreos non tripulados: RPAs ou drons
Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
Socorrismo en espazos acuáticos naturais
Socorrismo en instalacións acuáticas
Operacións básicas de cociña
Operacións básicas de cátering
Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil
Xunto á formación específica de cada especialidade, as persoas recibirán formación adicional de carácter xeral en informática, inglés básico, habilidades sociais e fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Todas estas accións formativas teñen unha parte teórico práctica e unha parte práctica en empresas do sector do que se trate.
Durante todo o proceso, as persoas participantes recibirán acompañamento personalizado a través de titorías individualizadas, orientación e intermediación laboral e axuda na busca activa de emprego.
Bases de selección
Anexos do proxecto
Lista de admitidos en drones