Empregalia


 

Plan de emprego que favorecere a través da formación a inserción laboral de 105 mozos e mozas menores de 30 anos de idade, inscritos no programa de Garantía Xuvenil.

Conta cun orzamento total de 600.000€, dos que o Fondo Social Europeo achega o 91,8% e o Concello o 8,2%. Consta de 7 accións formativas, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño, con 15 participantes por cada unha delas. Son as seguintes:

Aplicación e manexo de sistemas aéreos non tripulados: RPAs ou drons

- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería

- Socorrismo en espazos acuáticos naturais

- Socorrismo en instalacións acuáticas

- Operacións básicas de cociña

- Operacións básicas de cátering

- Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil

Xunto á formación específica de cada especialidade, as persoas reciben formación adicional de carácter xeral en informática, inglés básico, habilidades sociais e fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Todas estas accións formativas teñen unha parte teórico práctica e unha parte práctica en empresas do sector do que se trate.

Durante todo o proceso, as persoas participantes recibirán acompañamento personalizado a través de titorías individualizadas, orientación e intermediación laboral e axuda na busca activa de emprego.

Coñece máis detalles do proxecto aquí