Inicia Coworking
Espazo coworking froito da colaboración entre EOI e o concello de Lugo
Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Concello de Lugo. Aséntase sobre 5 piares: obradoiros de formación; asesoramento personalizado e especializado; networking ou rede de contactos; presentación do proxecto ante inversores e busca de financiamento.
Desenvolveranse diferentes tipos de actividades:
Talleres
Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio
Crowfunding
Estratexias de comunicación en redes sociais
Creatividade e innovación
Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital
E moito máis contido
Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegamento dos proxectos do espazo coworking.
Finanzas para emprendedores non financeiros
Habilidades de Comunicación
Emoito máis contido
Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo
Sesións de formación grupal
Mentorización
Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño.
Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir best practices, contando coa experiencia doutros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como peche á edición celebrarase o Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.
Eventos
Convocatoria
As convocatorias ábrense a emprendedores e emprendedoras cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).
Estimaranse en 20 os emprendedores que poderán participar en cada convocatoria. As convocatorias permanecen abertas ata cubrir as prazas do Espazo Coworking.