Keep Moving!
Programa que conseguiu o Concello de Lugo a través do Erasmus+, co fin de darlle voz á xuventude europea, coñecer de primeira man a súa realidade e intercambiar coñecementos para buscar solucións conxuntas e innovadoras aos seus problemas: o paro e a desigualdade
O Keep Moving! dá continuidade ao Young Lab, que o pasado ano impulsou tamén o Concello co mesmo obxectivo de dar voz aos mozos e mozas para deseñar unha estratexia global contra o paro. Neste caso, aos socios de Portugal e Italia, sumouse tamén Francia.