Lugo cidade próxima


É un proxecto de inserción sociolaboral que está incluído dentro dos Programas Operativos para o fomento do emprego.

Subvencionado polo Fondo Social Europeo, a través do Ministerio de Administracións Públicas. O importe destinado é de 1.545.960,44 euros, dos cales o Fondo Social Europeo aporta o 70%.

Este programa é unha continuación do exitoso proxecto “Lugo abrindo camiños” , pero este proxecto“Lugo Cidade Próxima” superou os niveis de inserción laboral do proxecto anterior, xa que se sitúa no 57% incluso antes de rematar.

“Lugo, Cidade Próxima” é un proxecto integral que procura unha atención personalizada e multidisciplinar, entendendo que os beneficiarios non presentan únicamente a problemática do desemprego senón que, en moitos casos, interveñen outra serie de variables que dificultan e retrasan o proceso de inserción sociolaboral.

Basease en itinerarios integrais de inserción laboral, que perseguen non só capacitar profesionalmente ós beneficiarios, senón tamén dotalos da formación complementaria e habilidades necesarias para favorecer o seu acceso o mercado laboral (habilidades sociais, hábitos laborais, formación en NT e en capacidades básicas de lectoescritura, matemáticas, graduado…).

Os beneficiarios reciben orientación laboral ao longo de todo o proxecto e proporcionaselles a información e o acompañamento necesarios para a busca activa de emprego. Tamén contan cun servizo de intermediación laboral para poñer en contacto oferta e demanda, que se completa co asesoramento, formación e apoio continuado aos emprendedores que decidan poñer en marcha un proxecto empresarial.

Ampliación do proxecto debido á gran demanda

O proxecto contaba cun prazo de execución desde decembro de 2005 ata xullo de 2007, pero para atender á gran demanda da poboación lucense pola formación e o emprego o Concello de Lugo conseguiu (mediante autorización do MAP), unha prórroga de execución do proxecto ata maio de 2008, que facilitou a organización destas tres novas accións formativas, destinadas a 45 novos beneficiarios.

Impartíronse un total de 5.600 horas de formación no primeiro tramo de execución do proxecto coa única finalidade de mellorar tanto a posibilidade de inserción daquelas persoas que por algún motivo non lograron a súa inserción laboral como de facilitar a vida aos cidadáns lucenses que demanden os seus servizos unha vez finalizado o seu proceso formativo, tanto a nivel teórico como práctico.

Lugo Cidade Próxima é un proxecto integral de formación e inserción laboral no que ademais do desenvolvemento de 11 accións formativas, se realizaron más de 30 obradoiros de motivación, emprego e sensibilización medioambiental. Así como titorias grupales e indivizualizadas de orientación laboral, xunto con outras accións complementarias de formación en capacidades básicas, informatica e idiomas, asesoramento para o autoemprego, intermediación laboral, etc. Neste proxecto participaron máis de 200 personas e a porcentaxe de inserción laboral é do 57 %.