TIC Arqueolóxico
O obradoiro TIC Arqueolóxico ten como obxectivo a posta en valor e comunicación do patrimonio arqueolóxico de Lugo e facilitar a formación de 16 desempregados maiores de 18 anos
Impulsado polo concello de Lugo conta con 224.000 euros de orzamento, os beneficiarios e as beneficiarias aprenderán unha formación encamiñada a acadar coñecementos para a súa posterior inserción laboral e, ao mesmo tempo, impulsar a actividade no Vello Cárcere, centro que conta precisamente cun espazo dedicado á arqueoloxía.
Segundo a proposta municipal, aprobada integramente pola Xunta, este obradoiro ten unha duración de 9 meses e desenvólvese no Vello Cárcere. Entre as actuacións principais que se contemplan nas diferentes especialidades formativas a impartir atópase a dixitalización en 3D de bens mobles e inmobles do patrimonio histórico e arqueolóxico do municipio, a elaboración de diversas programacións culturais para desenvolver no Vello Cárcere e a creación dun canal cultural.
Máis info do proxecto aquí