Dinamización do barrio da Tinería
Viveiro de empresas da Tinería
Cesión do Concello de Lugo en réxime de aluguer por un período de catro anos de 9 locais comerciais no barrio da Tinería, para a dinamización comercial, económica e social da zona.A renda será 20% do que lle custa ao Concello o arrendamento dos locais ao Insituto Galego de vivenda e Solo. Deste xeito, a entidade local achega o 80% restante. Os importes oscilan entre os 10€ ao mes do inmoble con menor superficie aos 72€ do máis grande (IVE incluído).
Mediante esta iniciativa, ponse en valor a zona da Tinería, cedendo, en réxime de aluguer, o uso de nove locais comerciais baleiros, de titularidade da Xunta de Galicia, e cedidos ao Concello de Lugo mediante contratos de alugueiro durante 5 anos prorrogables.
O Concello responsabilizase da súa cesión, para que poidan servir de apoio a emprendedores, entidades empresariais, etc. creando y xerando emprego e actividade económica, que os convertan en instrumentos de dinamización socio laboral, empresarial, económica e cultural, contribuíndo a rexeneración dunha zona emblemática da nosa cidade, como é a Tinería.
A finalidade deste proxecto é o de impulsar a creación, promoción e consolidación de empresas mediante a adxudicación de locais, en réxime de alugueiro, e facilitarase o acceso aos mesmos mediante a o financiamento por parte do concello do 80% da renda a satisfacer por cada arrendatario/a.
O impulso que recibirá esta zona coa posta en marcha de actividade nos 9 locais comerciais dos que se dispón, creeará actividade comercial suficiente que propicie que outros locais da zona tamén resulten atractivos para iniciar novas actividades comerciais. Entendemos a posta en marcha destes 9 locais como un impulso necesario para que o atractivo da zona se visualice, para atraer novos comercios, despachos profesionais, etc.
Coñece as empresas do viveiro de empresas da Tinería
Camiños Con Arte
Recanto do Miño, 8, A Tinería
- Nome e apelidos: Lidia De la Fuente
- Teléfono: 680 642 925
- Correo electrónico: info@caminosconarte.com
- Páxina web: caminosconarte.com
Visitas guiadas e excursións
O Breogán na Tinería
Miño, 26, A Tinería
- Nome e apelidos: Club de Baloncesto Breogán
- Teléfono: 982 23 10 50
- Correo electrónico: info@cbbreogan.com
- Páxina web: cbbreogan.com
Tenda para acercar á xente as actividades comerciais, sociais e de difusión dos valores históricos e deportivos do club
Unha de Romanos
Miño, 32, A Tinería
- Nome e apelidos: Unha de romanos
- Teléfono: 608 797 485
- Correo electrónico: info@unhaderomanos.com
- Páxina web: unhaderomanos.com
Centro de interprentación do textil e indumentaria
Grupo Tecnolóxico Lucense SL
Tinería, 36, A Tinería
- Nome e apelidos: Grupo Tecnolóxico Lucense SL
- Teléfono: 982 06 05 15
- Correo electrónico: pedidos@librephone.com
- Páxina web: librephone.com
Sara Lage
Tinería, 24. A Tinería
- Nome e apelidos: Sara Lage
- Teléfono: 653 297 059
- Correo electrónico: info@saralage.com
- Páxina web: saralage.com
Taller de deseño e confección a medida de traxes de noiva e invitada
....
Tinería, 44. A Tinería
Deserto por non presentarse ningunha proposta
Recados Lugo
Recanto do Miño, 15, A Tinería
- Nome e apelidos: Purificación Juanes
- Teléfono: 652 080 907
- Correo electrónico: info@recadoslugo.es
- Páxina web: recadoslugo.es
Centro de atención e recollida de material e mochilas a peregrinos
Parteluz Estudio SLU
Praciña da Universidade, 3. Letra I. A Tinería
- Nome e apelidos: Parteluz Estudio
- Teléfono: 672 381 090
- Correo electrónico: info@parteluzrestauracion.com
- Páxina web: parteluzrestauracion.com
Estudo taller de restauración artística
Lvcvs Aventur SL
Praciña da Universidade, 3. Letra II. A Tinería
- Nome e apelidos: Lvcvs Aventur
- Teléfono: -
- Correo electrónico: info@lucusaventur.com
- Páxina web: http://www.lucusaventur.com
Aluguer, venda e mantemento de bicicletas, patíns e triciclos