Unidade rural

Unidade Rural, é unha iniciativa do Concello de Lugo, posta en marcha no Centro de Empresas e innovación (CEI-NODUS), para a promoción integral da actividade socioeconómica da contorna rural do concello.

Servizos

Desde a Unidade Rural, ofrécense os servizos seguintes aos usuarios potenciais:

Identificación de oportunidades de negocio no medio rural

Asesoramento no inicio de proxectos empresariais no medio rural

Asesoramento na tramitación da constitución de novas empresas no rural

Información, asesoramento e xestión de axudas e subvencións para os proxectos empresariais desenvolvidos no medio rural do concello

Usuarios potenciais

Os usuarios potenciais dos servizos ofrecidos pola Unidade Rural, son:

Poboación residente na zona rural do concello

Poboación que desenvolva actividades económicas na zona rural

En especial: mulleres, mozos e mozas, desempregados e desempregadas de longa duración, persoas discapacitadas, etc.

Sectores de intervención

Os principais sectores de intervención, serán:

Actividades agrícolas, silvícolas e gandeiras

Actividades de conservación da natureza e de xestión dos recursos naturais

Enerxías renovables

 Turismo rural, comercio e artesanía

Novas tecnoloxías

Servizos sociocomunitarios

Obxectivos

Os obxectivos que persigue acadar a Unidade Rural, son os seguintes:

Creación de riqueza e calidade de vida no medio rural do concello

Promoción de actividades económicas para a posta en valor dos recursos propios da zona, especialmente daqueles que estean infrautilizados

Creación de novas oportunidades de emprego, de novas empresas e de consolidación das xa existentes

Díptico
da Unidade Rural

XVI informe sobre a xestión e o estado económico do cooperativismo agrario en Galicia