Proxecto Urban
O Proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) é un programa financiado polo Concello de Lugo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, dedicado á posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeración económica e social de zonas urbanas mediante un enfoque integrado e que favorezan un desenvolvemento urbano sostible
O Ministerio de Economía e Facenda aprobou un proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) para Lugo o pasado 11 de xuño de 2008, cun cofinanciamento do 70% da Unión Europea cuxa finalidade é o desenvolvemento integrado do centro histórico da cidade no seu ámbito coincidente coa área PEPRI.
O obxectivo xeral do Proxecto URBAN é a rexeneración económica e social do centro histórico a través dun programa integrado que implique un aproveitamento dos recursos endóxenos da cidade, centrándose na rehabilitación, intervención en espazos públicos e a revitalización comercio-turismo dende unha perspectiva de sostenibilidade e participación cidadá.
Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos:
- Revitalización comercial do centro histórico, aproveitando os recursos endóxenos da cidade.
- Revitalización demográfica da zona URBAN.
- Promover a creación de empresas e a xeración de emprego.
- Humanizar a cidade e mellorar a súa habitabilidade.
- Mellorar a oferta cultural e social dirixida especialmente aos mozos.
- Ofrecer maiores posibilidades profesionais aos mozos titulados.
- Favorecer a relación Administración- Universidade- Empresa.
- Favorecer a inclusión social dos colectivos desfavorecidos.
Web do proxecto: www.lugo.es/urban