28 agosto, 2024

O Executivo de Paula Alvarellos formará a 20 lucenses no ámbito sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas dependentes

Farao a través do novo obradoiro dual de emprego ‘Salus Lugo’ que porá en marcha a área de Dinamización Económica, a través dunha subvención autonómica de 421.000 euros. “A formación nestes ámbitos non só garante un coidado de calidade para as persoas que máis o necesitan, senón que tamén contribúe a crear un tecido social […]
22 agosto, 2024

O Executivo de Alvarellos promove o comercio local facilitando que as tendas saquen os seus produtos á rúa o último martes de cada mes

A iniciativa dará comezo o vindeiro 27 de agosto, impulsada pola área de Dinamización Económica do Concello da man da Federación de Comercio. Paula Alvarellos: “Estes establecementos non só contribúen a xerar riqueza no municipio, senón que tamén manteñen un elevado número de postos de traballo”. Un total de 50 tendas de toda a cidade […]
19 agosto, 2024

O Executivo de Alvarellos colabora na organización do Emprega-T Fest, unha cita que busca conectar o talento local coas empresas da cidade

O evento terá lugar o vindeiro 19 de setembro na Praza Horta do Seminario e contará con stands de firmas lucenses, así como cunha zona de ocio con música e food trucks. Repetto lembrou que “unha das prioridades deste goberno é a xeración de oportunidades entre a mocidade e a creación de novos postos de […]
13 agosto, 2024

O Concello retoma a adxudicación da cafetería do CEI Nodus e rebaixa o canon aos 500 euros ao mes para facer máis atractiva a concesión

A Xunta de Goberno Local aprobará este mércores publicar unha nova convocatoria para a cesión desta dotación municipal por un mínimo de dous anos, prorrogables ata os dez. Ademais, permitirase o peche do establecemento no período vacacional durante 15 días e amplíase o requisito da experiencia previa en hostalería ata os últimos 10 anos. O […]
10 agosto, 2024

O Executivo de Paula Alvarellos acondicionará 22 sendas rurais e urbanas con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística

O proxecto contará cun orzamento duns 150.000 euros, financiado con Fondos NextGenerationEU, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Paula Alvarellos: “O obxectivo é crear unha serie de roteiros a través dos que dar a coñecer o noso rico patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e, como non, gastronómico”. Nunha primeira fase levarase a cabo […]
9 agosto, 2024

O Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving

O Executivo de Paula Alvarellos pretende, así, incrementar o aproveitamento destes dous equipamentos municipais e que o festival contribúa a dinamizar toda a contorna fluvial. A área de Dinamización Económica dará a coñecer proximamente aos artistas destas actuacións, que terán lugar o xoves 19 e o sábado 21 de setembro. “Queremos rendibilizar ao máximo o éxito […]