Lugo inaugura este mércores a cuarta e última edición do Inicia Coworking, na que 26 novas persoas emprendedoras impulsarán os seus proxectos, grazas ao Concello e á Escola de Organización Industrial (EOI). Este programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvólvese no CEI-NODUS, aportándolle ás e aos participantes, de xeito individualizado e totalmente gratuíto, formación e acompañamento para a posta en marcha ou consolidación de novos proxectos de caracter emprendedor e inovador.
O Inicia Coworking de Lugo está avalado polas tres edicións anteriores, posto que o 70% dos 58 emprendedores e emprendedoras que xa participaron nesta iniciativa teñen a día de hoxe o seu negocio en marcha e facturando. Ademais, máis da metade destas empresas foron impulsadas por mulleres. Nesta cuarta edición, que terá lugar ata xuño, e que arrinca hoxe cun taller sobre Metodoloxía Lean Startup, impartido Por Ana López, participan 14 mulleres.
Os 22 proxectos emprendedores están relacionados co seguinte: servizo de barbería, spa e tatuaxes, plataforma oline sobre a gastronomía e turismo de LUuo, deseño de proxectos arquitectónicos para espazos educativos, análisis de biomateriales, realización de xestións, recuperación dunha cova para utilizala como museo, aplicación para control de stocks, customización de prendas de vestir, proxecto educativo para escolas infantíls, consultoría, higiniesta bucodental, roupa infantil de deseño, palets de madera personalizados, xogo de artes inspirado no Camiño de Santiago, xogo con lectores, distribución de produtos ecolóxicos para limpeza, restauración de pezas, deseño sobre cerámica, barbería e estética, cerraxería, preparación de comidas e posicionamento en redes sociais.
O de Lugo é un dos máis de 50 espazos Coworking que a EOI ten en España para emprender, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos mellores proxectos empresariais presentados. Conta cun orzamento de 800.000€, cofinanciados polo Concello e a Escola de Organización Industrial.