O Centro de Información Europe Direct do Concello convocou este certame conxuntamente co da Deputación de Coruña, co obxectivo de celebrar a diversidade, a historia compartida e a riqueza cultural na Unión Europea
Alba Pernas e David Vázquez gañaron este certame coas fotografías La Gran Romana y la luna e Das últimas palilleiras. Recibiron unha cámara e unha tablet, respectivamente e un diploma
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, entregou este xoves, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os diplomas ás dúas persoas gañadoras do V Concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia, que este ano versou sobre o patrimonio cultural europeo.
O Centro de Información Europe Direct d
o Concello de Lugo, situado no CEI Nodus, convocou este certame conxuntamente co mesmo centro dependente da Deputación de Coruña, -os dous únicos da administración pública en Galicia-, co obxectivo de celebrar a diversidade, a historia compartida e a riqueza cultural na Unión Europea, aproveitando que este 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
O primeiro premio foi para Alba Pernas Rega, coa fotografía La Gran Romana y la luna, co que a autora amosa o orgullo da cidadanía lucense de ter unha gran muralla xa considerada patrimonio mundial, facendo un pequeno tributo nocturno a esta parte da historia de Lugo. Recibiu unha cámara fotográfica e un diploma.
David Vázquez Rodríguez gañou o segundo premio coa fotografía Das últimas palilleiras, que representa a tradición, que vence ao tempo e remonta séculos. Recibiu unha tablet e un diploma.
O xurado elixiu estas dúas fotografías posto que a primeira transmite o desexo de coñecer as orixes e a forma en que a cultura europea se vén trasmitindo dende tempos lonxanos, e a segunda porque reflexa a tradición dun oficio vinculada ao paso de xeracións, que merece ser conservado.
Ana Prieto, quen agradeceu a participación de todas as persoas que enviaron fotografías para o concurso, puxo en valor o alto nivel artístico de todas as fotos presentadas, destacando a temática ligada ao patrimonio cultural inmaterial (tradicións e oficios artesanais), que consitúe un legado que non debe perderse.