A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, convidou este martes á veciñanza a inscribirse na web dos Orzamentos Participativos, loop.lugo.gal; para poder participar na votación das distintas propostas unha vez se inicie a votación, que arrincará a principios do mes de novembro.
A de votación é a terceira fase dos Orzamentos Participativos, tras unha primeira de recollida de propostas, máis de 220 aportacións, e unha segunda de avaliación de ditas propostas, por parte dun equipo técnico municipal. Nesta votación poderán participar persoas empadroadas no Concello, maiores de 14 anos. Para votar, na web aparecerán unha e por unha as actuacións, e a persoa participante, tipo carriño da compra de tendas web, procederá á votación. Tras esta fase, figura a de execución das intervencións que a xente decidiu e votou. Para elo, o Goberno destina 350.000 euros.
Con este proceso, o Goberno de Lugo fomenta a participación veciñal, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se convirta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e a veciñanza.
Máis información en https://loop.lugo.gal/
Audio