O Concello de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das subvencións para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domiclio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo.
Nesta convocatoria, o Goberno duplica o orzamento dedicado a estas subvencións, chegando a un total de 300.000 euros; dando cumprimento así a un acordo plenario. Faino coa finalidade de facilitarlle o acceso a unha vivenda digan á cidadanía que se atope nunha situación socioeconómica difícil.
Tal e como se recolle nas bases publicadas no BOP, o prazo de presentación de proposicións, é dende este luns, 24 de decembro ao 22 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos.