Mauricio Repetto, achegouse está maña a desfrutar da XV edición do ‘Comercio na Rúa’ ou ‘Street Market’ que comezou hoxe ás 10:30 e finará ás 21:00, iniciativa que ten lugar dúas veces ó ano, unha en primavera e outra no verán.
O concelleiro estivo acompañado nesta xornada por Marta López, Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo e José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio.
Mauricio Repetto comentou que “O Concello de Lugo colabora con esta iniciativa dende fai anos, e agradecemos ós organizadores que sigan traballando e contando con nos para impulsar o noso comercio local”.