O obxectivo é abordar os beneficios da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como achegarse á Comisión Europea e ás autoridades locais con vistas ao futuro
Participarán Ricardo Ferreira, coordinador «Border Focal Point» da Comisión Europea; Ricardo Rio, alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico; tamén Lara Méndez, alcadesa de Lugo e vicepresidente do Eixo Atlántico
O Centro de Información Europe Direct do Minho (CIED Minho) / Instituto Politécnico de Cávado e Ave (IPCA), promove en colaboración con Europe Direct Lugo, a radio Antena Minho e o xornal Correio do Minho, un debate en liña o 20 de novembro, ás 16:30 horas, sobre o tema do multilateralismo e o futuro das eurorrexións.
«Multilateralismo e eurorrexións: que futuro?» é o lema do evento «Diálogos cos cidadáns» que pretende dar aos cidadáns a oportunidade de relacionarse coas autoridades locais e europeas. O obxectivo da actividade é comprender cal debe ser o papel das eurorrexións no futuro de Europa e como as rexións transfronteirizas se beneficiaron da creación de sinerxías para mellorar o desenvolvemento económico local – o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Para analizar o tema, contamos cun ilustre panel de relatores: Ricardo Ferreira (coordinador «Border Focal Point» da Comisión Europea), Ricardo Rio (alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico) e tamén Lara Méndez (alcadesa de Lugo e vicepresidente do Eixo Atlántico).
A sesión transmitirase a través das páxinas da rede social CIED Minho e Antena Minho “Facebook”. Os cidadáns poden participar no debate compartindo ideas/suxestións e preguntas sobre o tema, informadas a través do chat, para que poidan ser respondidas polos relatores. Deste xeito, os CIED Minho/Lugo invitan a toda a comunidade a seguir e participar activamente no debate.
Onde ver o programa?
CIED Minho: https://www.facebook.com/cied.minho
Antena Minho: https://www.facebook.com/antenaminho
EDIC Lugo: https://www.facebook.com/europedirect.lugo