Os premios contarán con 3 categorías diferentes: emprendedora, empresaria e empresaria rural; entre os que se repartirán 4.500€
Lara Méndez, participou na terceira edición dos premios Son Muller da Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, galardón que pretende poñer en valor e visibilizar o papel das mulleres empresarias e emprendedoras de Lugo. A rexedora descatou no acto “o talento da muller, porque será un factor motor para a recuperación de Lugo”
A alcaldesa fixo “fincapé no compromiso do Concello para dar impulso ao emprendemento e apoio a empresas, proporcionando os recursos precisos para que o seus proxectos sexan solvente, tanto espazos de traballo, físico como virtual, como formación ou tutorización, así como a oportunidade de traballar e relacionarse con iguais”.
E para rematar a rexedora dedicou unhas palabras a Teresa Ben que recibiu unha mención especial pola súa traxectoria recordando que “FRILEA fundouse no ano 1986 e hoxe esta empresa conta cunha segunda xeración, que continua a seguir os pasos cara o compromiso á tradición e o bo facer pero sumándose ademais innovación tecnolóxica, creatividade e rigor no traballo cun claro e firme obxectivo: ofrecer un producto de calidade, como ben fan”.