Hoxe, martes 13 de xullo, publícanse no BOP as axudas ás Asociacións Sen Ánimo de Lucro xestionadas por Desenvolvemento Local cun orzamento de 57.500€
Desde mañá haberá un prazo de 15 días hábiles para presentación de solicitudes, o cal remata o día 3 de agosto.
Consulta as bases 📎 Bases e anexos
Acordo de aprobación 📎 Acordo XGL aprobación bases e convocatoria
CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA NO EXERCICIO 2021 NO EIDO DA ÁREA DE COHESIÓN E DINAMIZACIÓN SOCIAL.
OBXECTO E FINALIDADE
Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cohesión e Dinamización Social, ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro para cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades desenvolvidas durante o exercicio económico 2021, consideradas de interese para a promoción económica do municipio ou de utilidade pública para o Concello de Lugo no eido do fomento e da dinamización da actividade económica, empresarial, comercial, do emprego e da hostalería no municipio de Lugo.
Preténdese dar soporte ás entidades que leven a cabo proxectos de fomento, sensibilización, formación, información e asesoramento sobre a cultura emprendedora, a dinamización económica, o aproveitamento de recursos, a posta en valor do territorio, o fomento do emprendemento e a creación de emprego no municipio de Lugo.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituidas e así mesmo inscritas nos rexistros correspondentes, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización de actividades de fomento, promoción económica, comercio, formación empresarial e para o emprego, comercial, empresarial, hostalería e/ou creación de emprego a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo e a creación de emprego, autoemprego e creación de empresas do municipio de Lugo e que cumpran os seguintes requisitos, e que cumpran os requisitos da Base núm.2.
CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS
No orzamento municipal para o exercicio de 2021 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:
Servizo |
Aplicación orzamentaria |
Importe |
Desenvolvemento Local- Área de Cohesión e Dinamización Social |
24100.48900 |
Subvencionarase ata un máximo do 90% do custo total da acción para a que se solicita a subvención, segundo o orzamento presentado. O importe máximo de subvención por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 2.500 euros.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Vista a natureza das entidades beneficiarias, e no referente á forma de presentación das solicitudes e demáis documentación, faise constar a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos, e a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica do Concello de Lugo, conforme ao establecido nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.
A convocatoria para a concesións das subvencións previstas nas presentes bases, segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro xeral de subvencións se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
O prazo para presentar as solicitudes será de QUINCE DIAS HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da convocatoria no B.O.P. de Lugo, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións (artigo 17.3.b, 18 e 20.8). Asimesmo publicaranse as Bases na páxina web e no Taboleiro de Anuncios (www.lugo.gal) do Concello de Lugo, debendo inserirse no “Portal de Transparencia e Bo Goberno” do Concello de Lugo.
GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen con anterioridade á finalización do período de xustificación, e en todo caso dentro do ano 2021.
2. Serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade, tales como: alugamentos, gastos de transporte, gastos de pequena reparación, mantemento e conservación de bens propios ou alugados, adquisición de material non inventariable, subministracións (gas, electricidade, teléfono, combustible…) vestiario, prestación de servizos culturais e outros gastos diversos como publicidade, imprenta, etc. ( no caso de que se aporten facturas relativas a combustible ou teléfono deberán estar identificadas a nome da entidade beneficiaria da subvención, ademáis no caso de combustible deberá presentarse documentación adicional que permita a identificación do vehículo así como a súa titularidade pola Asociación ou entidade beneficiaria e a aplicación íntegra ou parcial do gasto á actividade ou programa concreto subvencionado, entendendo como tal aquel que en ningún caso supere o importe de 300,00 €.)
3. Tamén serán subvencionables os gastos de persoal necesario para o desenvolvemento dos programas e actividades subvencionadas, ata un máximo do 40% do importe da subvención concedida.
4. Non serán subvencionables:
– Os gastos de bebidas alcohólicas ou calquera outro produto que sexa prexudicial para a saúde.
– Os gastos de investimento, tales como adquisición, construción e reforma de bens inventariables.
– Os xuros debedores de contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais e os gastos de procedementos xudiciais.
– Os gastos de degustación gastronómica de calquera tipo. En todo caso terá esta consideración a organización de comidas, catering ou ceas.
– As facturas e demáis documentos de valor probatorio emitidos por membros da asociación que se subvenciona.
DATA LÍMITE PARA A XUSTIFICACIÓN
A data límite para xustificar a totalidade da subvención concedida será a do 30 de novembro de 2021. Transcorrido este prazo, pódense dar dous supostos:
a) Que a entidade beneficiaria presente a xustificación; pero que ésta, a xuízo da oficina xestora, non reúna os requisitos necesarios. Este aspecto comunicaráselle e concederáselle un prazo de dez días para cumprilo, advertíndolle de que de non proceder á subsanación teráselle por desistido da súa solicitude, e entenderase que perde o dereito ao cobro da subvención.
b) Que a entidade beneficiaria non presente a xustificación. Neste suposto requiriráselle para que, no prazo improrrogable de 15 días, presente a dita xustificación conforme o establecido no artigo 70. 3 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións. A presentación da xustificación no prazo adicional non eximirá á entidade beneficiaria da imposición das sancións que correspondan.
Non se realizarán pagos a conta nin anticipados.
O pagamento da subvencións realizarase mediante transferencia bancaria á conta facilitada polo perceptor da subvención.