A rexedora, acompañada do edil de Dinamización Económica, interesouse polo progreso do alumnado, no ecuador da súa formación, que tamén inclúe o deseño de páxinas web e de produtos gráficos.
“A través desta iniciativa, as persoas participantes están a adquirir competencias en tres especialidades con gran demanda, sendo unha oportunidade atractiva e versátil”, indicou.
Alvarellos desexoulles moito éxito e tendeulles a man para, unha vez finalizado o obradoiro, poñan en marcha os seus propios proxectos, ofrecéndolles o apoio do Concello.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, mantivo un encontro no CEI-Nodus cos 20 lucenses, de entre 25 e 61 anos, que están a participar no obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, y que permitiu, entre outros traballos, recuperar xa dixitalmente 33 libros de Actas Consistoriais do século XVIII e da segunda metade do XIX e máis de 42.000 imaxes. Trátase da iniciativa coa que o goberno local ofrece formación e experiencia profesional a persoas desempregadas en especialidades con gran demanda.
A rexedora interesouse polo progreso do alumnado que se atopa no ecuador da formación dividido en tres competencias: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, con 8 alumnos participantes; Confección e publicación de páxinas web, con 6 alumnos participantes; e Deseño de produtos gráficos, con 6 alumnos participantes. Alvarellos lembrou que “a través desta iniciativa de tipo formativo, as persoas participantes están a adquirir competencias en tres especialidades con gran demanda no mercado laboral, sendo, por tanto unha oportunidade atractiva e versátil”.
Durante o proceso formativo, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia, se está a recuperar os citados libros de actas, que son os documentos máis representativos da xestión e administración dos concellos modernos e contemporáneos. Expedidos polos órganos de goberno locais, recollen as decisións e actuacións dos cargos municipais da época, sendo unha fonte imprescindible para a reconstrución dos diversos aspectos da vida da cidade de Lugo.
Ademais, se está a realizar a dixitalización e posta en valor de licenzas de obras particulares do período 1951-1955, que se atopan actualmente no Arquivo Histórico Provincial. Trátase dun fondo de gran riqueza xa que axuda a ilustrar e explicar a configuración urbanística e arquitectónica da cidade, amosándonos como foi o crecemento da mesma e a evolución de lugares emblemáticos da cidade. Nestes momentos hai dixitalizados un total de 418 expedientes e máis de 8.400 imaxes dixitais.
Neste senso, Repetto engadiu que “con esta capacitación contribuímos a enxalzar o noso patrimonio histórico, neste caso o documental, especialmente tendo en conta o pasado de nosa cidade, e que en moitas ocasións é difícil difundir”. “Ademais, buscamos mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas, a través da súa cualificación, en alternancia coa adquisición de experiencia laboral ao tempo que favorecemos a preservación da nosa historia”, explicou.
A alcaldesa desexoulles moito éxito na súa formación e tendeulles a man para, unha vez finalizada, poñan en marcha os seus propios proxectos, ofrecéndolles o apoio do Concello. O obradoiro comezou a finais de novembro de 2023 e terá unha duración dun ano. Os alumnos-traballadores están remunerados co salario mínimo interprofesional.