A iniciativa supuxo o inicio dunha serie de actividades de co-deseño que conectarán a profesionais da cultura, co obxectivo de establecer o arranque do CAM en 2025.
Na actividade tamén participou o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen explicou en detalle o proxecto e a súa estratexia de posta en marcha.
Unha vintena de profesionais e axentes culturais da cidade participaron na primeira sesión de escoita celebrada no Coliving Artístico Municipal. Esta iniciativa supuxo o punto de partida dunha serie de actividades de co-deseño que conectarán a profesionais da cultura tanto locais como estatais e internacionais, co obxectivo de establecer o arranque do CAM en 2025 a través da I Convocatoria de Residencias Artísticas.
Na actividade tamén participou o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen explicou en detalle o proxecto e a súa estratexia de posta en marcha. “Esta primeira sesión de escoita supuxo unha oportunidade para atender e aprender do movemento cultural de Lugo. Queremos que este espazo sexa un reflexo vivo das necesidades e aspiracións dos nosos artistas e axentes culturais,» destacou o edil.
O Coliving Artístico Municipal sitúase ao pé do Camiño Primitivo e busca unir a trama urbana de Lugo co seu entorno fluvial. Tras a rehabilitación da vivenda do pintor e escultor Gómez Pacios, o complexo conta agora con dúas edificacións para residencia, obradoiro e exhibición, así como unha ampla infraestrutura verde aberta a toda a cidadanía con programación propia. «A instalación non só é un lugar para crear, senón tamén un espazo para conectar e colaborar. Estamos comprometidos en facer deste proxecto un exemplo de innovación e revitalización cultural,» lembrou Repetto.
Proximas actividades
Esta sesión de escoita foi a primeira dunha serie de encontros de co-deseño que continuarán no outono deste ano. En eles, profesionais da cultura de diferentes ámbitos poderán compartir experiencias e proxectos, co fin de establecer o arranque do CAM en 2025. Ademais, planificáronse actividades como concertos acústicos e talleres interactivos para dar a coñecer as instalacións e fomentar a participación da comunidade. «Estamos ilusionados cos primeiros pasos do Coliving Artístico Municipal. Este proxecto será un motor de creatividade e un punto de encontro crucial para a comunidade artística de Lugo,» conclíu Repetto.
As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico a cam@lugo.gal.