Trátase da iniciativa promovida polo Executivo de Alvarellos a través da que axentes culturais de referencia comparten as súas visións ao redor da programación de residencias.
“Exploraranse diversos enfoques sobre a profesionalización, a sustentabilidade, o acceso á cultura, ou protocolos para contornas seguras”, explicou o edil Mauricio Repetto.
Estas sesións están dirixidas a profesionais da cultura con interese en participar do diálogo posterior, podendo asistir con inscrición previa en cam@lugo.gal (prazas limitadas).
O Coliving Artístico do Carme acollerá o vindeiro xoves, 21 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas, a segunda xornada do programa Páxina en branco: sesións de co-deseño no CAM. Trátase da iniciativa promovida polo Executivo de Paula Alvarellos a través da que axentes culturais de referencia comparten as súas visións ao redor da programación de residencias artísticas.
Esta segunda sesión, baixo o título Boas prácticas culturais en residencias artísticas, contará coa participación de Zaida Llamas e Alfredo Puente (Coordinación xeral e curadoría da Fundación Cerezales Antonino y Cinia, Cerezales del Condado, León); Ania González (Avogada especializada en dereito da cultura e propiedade intelectual, cofundadora de despacho.eu, Vigo); Sara García (Cofundadora da A Seara e vogal da Asociación Galega de Profesionais dá Xestión Cultural, Lugo); Caterina Varela (Fundadora e directora do programa Residencias Paraíso do Colectivo RPM).
“Nela os ponenetes abordarán as repercusións das boas prácticas nos proxectos de residencias artísticas. Exploraranse diversos enfoques sobre a profesionalización, a sustentabilidade, o acceso á cultura, ou protocolos para contornas seguras”, explicou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto.
Estas sesións están dirixidas a profesionais da cultura con interese en participar do diálogo posterior, podendo asistir con inscrición previa en cam@lugo.gal (prazas limitadas). O programa Páxina en branco: sesións de co-deseño no CAM forma parte da planificación de posta en marcha do novo equipamento, que en 2025 inaugurará a Regulación das Residencias Artísticas Internacionais.
O pasado martes 29 de outubro tivo lugar no CAM Lugo a primeira sesión, Residencias artísticas: creación, lugares e vínculos. Nela diferentes axentes culturais referentes no desenvolvemento de proxectos de residencias compartiron as súas experiencias de deseño, xestión e comisariado de residencias e os seus impactos na profesionalización dos artistas, no territorio, as súas comunidades ou a dinamización local. Formaron parte desta sesión Miriam Pérez (Directora de Espazo Vilaseco e Galería Vilaseco, Chantada – A Coruña) ; Hugo Pereira de Colectivo Glovo ( Colectivo artístico, responsables das residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando, Lugo); Jose Iglesias García-Arenal (Responsable da plataforma curatorial MAL, mediador en Concomitentes, Los Santos de Maimona, Extremadura) e Susana González (Comisaria e responsable do Centro de Arte FMJJ, A Coruña).
O Coliving do Carme, inaugurado en xuño, está deseñado para ser un catalizador da cretividade e do desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural, pero tamén para contribuír á rexeneración desta zona estratéxica de Lugo. En 2025, espérase que entre en funcionamento o Regulamento de Residencias Artísticas Internacionais, o que permitirá a artistas de todo o mundo optar a bolsas para desenvolver os seus proxectos neste espazo durante tres meses.
Así, xa se están a elaborar as bases que regularán a convocatoria destas residencias, para que as e os artistas interesados poidan optar a becas coas que acceder ao Coliving durante tres meses, para desenvolver a súa obra que despois mostrarán ao público na área expositiva deste mesmo centro.
Durante este ano 2024 o CAM Lugo xa foi testemuña de numerosas actividades destinadas a diversos públicos, tales como obradoiros, concertos, charlas ou encontros con axentes e colectivos culturais.