A iniciativa, promovida polo Executivo de Paula Alvarellos, desenvolverase na Praza Maior ata o vindeiro 5 de xaneiro, co obxectivo de dinamizar o comercio local de Lugo.
O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, incluirá esta fin de semana talleres infantís, contacontos navideños, xogos tradicionais e a visita de Papá e Mamá Noel, entre outras actividades. Así o avanzou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “esta iniciativa, consolidada como un dos puntos de referencia das festas na cidade, busca dinamizar o comercio de proximidade e converter o centro nun espazo cheo de vida e ilusión durante as datas do Nadal”.
O concelleiro lembrou o impacto positivo deste mercado para o comercio local: “Queremos que este Nadal, os negocios de Lugo teñan unha plataforma única para exhibir a calidade e variedade dos seus produtos. Ademais, contribuímos a facer da nosa cidade un referente en experiencias navideñas”.
Neste senso, convidou a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño situado no Praza Maior, “co que dende o Concello queremos encher de maxia e calor estas datas tan especiais”. “Ademais de ofrecer unha experiencia única para toda a familia, este mercadiño é unha oportunidade marabillosa para apoiar o noso comercio local e artesáns, que poñen todo o seu esforzo e creatividade en cada produto”, subliñou.
O mercadiño Nadalmente Lucense non só é un lugar para atopar agasallos orixinais e feitos con mimo, senón tamén unha oportunidade para fortalecer a economía local e poñer en valor o talento dos emprendedores e emprendedoras lucenses.
Ademais, o edil destacou “o traballo constante que levamos a cabo dende o Goberno local para impulsar iniciativas de apoio ao comercio de proximidade, tanto en datas sinaladas como en outros momentos de menor intensidade nos que é importante desestacionalizar a demanda”. “Para este executivo é fundamental respaldar este sector estratéxico, xerador de emprego e motor da cidade”, refrendou.
Un nadal máxico na Praza Maior
O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, con horario reducido ata as 14:30 horas, e os días 25 e 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado.