A Alcaldesa, Lara Méndez, asinou este venres en Santiago o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta para desenvolver a 15ª fase da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) do casco histórico, que, cunha dotación económica total de 900.000€, supoñerá un novo impulso á rehabilitación na zona, un dos obxectivos centrais do modelo de cidade do Goberno local, que de cara a este fin vén de impulsar un viveiro de empresas a pé de rúa no barrio da Tinería e tamén traballa nun novo modelo de acceso e mobilidade no casco histórico.
A nova fase da ARRU supoñerá como mínimo obras de rehabilitación nunha vintena de vivendas. A sinatura do convenio de Lugo tivo lugar xunto coa do resto dos concellos galegos beneficiarios de novas axudas para desenvolver áreas de rehabilitación.