A alcaldesa Lara Méndez e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, acompañaron este venres aos vinte mozos e mozas emprendedores que participan no ‘Lucus Raid’, proxecto dirixido preferentemente a persoas desempregadas menores de 30 anos e as mulleres de Lugo que estean a buscar empregou con carencias para iniciar un negocio.
A actividade mestura o esforzo e a resistencia para realizar o Camiño Primitivo en distintas etapas coa formación e a motivación para mellorar a empregabilidade da mocidade.
A rexedora realizou parte do percorrido do Camiño desta primeira etapa e o concelleiro acompañounos durante toda a xornada. Lara Méndez lembrou que “co Lucvs Raid pretendemos fomentar a cultura emprendedora á vez que poñemos en valor o patrimonio lucense”.
Esta xornada comezou ás 16.00h no Centro Maruja Mallo, onde os emprendedores recibiron un kit de peregrinos ademais dunha explicación xenérica da actividade que van a desenrolar durante esta fin de semana. Comezaron na porta de San Pedro dirixíndose á Ponte Romana, camiño a San Vicente do Burgos. Na xornada de maña a etapa transcurrirá dende San Vicente do Burgo ata Augas Santas e o domingo dende Augas Santas ata Melide.
O Lucvs Raid desenvolveranse nesta fin de semana e na última de setembro 27, 28 e 29.
O programa previsto no itinerario será o percorrido do Camiño durante as mañás (20 quilómetros diarios de media) e o desenvolvemento de talleres formativos polas tardes, que estarán a cargo de especialistas en áreas estratéxicas para a posta en marcha de iniciativas empresariais. Ao mesmo tempo que se da a formación potenciarase a creación de lazos de cooperación entre os participantes.
As etapas axustaranse ao percorrido tradicional do Camiño de Santiago durante os últimos 140,9 quilómetros do Camiño Primitivo, desde o antigo hospital de peregrinos en A Fonsagrada ata Santiago de Compostela.