A área de Desenvolvemento Local lanza un vídeo para animar aos Reis Magos e a cidadanía á dinamizar á vendas nestas datas nos comercios de proximidade.
A alcaldesa de Lugo lanza unha mensaxe co fin de que chegue a toda veciñanza, acompañada de concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno.
O área de Desenvolvemento Local, dirixida polo edil Mauricio Repetto, lanza un vídeo onde a alcaldesa, Lara Méndez, e concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno animan a dinamizar ás vendas no comercio local de Lugo nestas datas do Nadal.
Nel se recolle unha mensaxe da rexedora para os Reis Magos, na que lles insta, ao igual que ao resto da cidadanía, a que compren nos establecementos de proximidade dos barrios, para axudarlles máis que nunca nesta situación difícil derivada da pandemia. Así, “ademais de darlles a oportunidade de seguir abertos o ano que ven, estaremos dando diñeiro e postos de traballo á cidade”.
No vídeo participaron varias tendas de Lugo, así como comerciantes da Praza de Abastos e o Mercado.
O obxectivo desta mensaxe é conseguir que chegue a toda a veciñanza, para que entre “todos, de xeito solidario, axudemos na recuperación da nosa cidade”, segundo avanzou a alcaldesa.