O Goberno Local vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación deste programa, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística.
A iniciativa combinará –ao longo de 9 meses– formación, asesoramento especializado e búsqueda de financiación para impulsar o talento local.
As empresas interesadas na súa xestión e posta en marcha, cun orzamento máximo de 167.664 euros, terán de prazo ata o vindeiro 16 de decembro para presentar ofertas.
A nova aceleradora TurisTalent 5.0 impulsada polo Executivo de Paula Alvarellos empezará a funcionar a comezos do vindeiro ano con sede no edificio Impulso Verde, situado na Garaballa. O Goberno Local vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación deste programade aceleración de proxectos empresariais innovadores no sector turístico e enogastronómico.
“O obxectivo desta iniciativa é impulsar proxectos innovadores e susceptibles de atrer investimentos, acompañándoos na validación das súas propostas, a posta en marcha, a maduración e a procura de financiación”. “Deste xeito pretendemos dinamizar un sector que aínda ten moito marxe de crecemento na nosa cidade o que sen dúbida vai a contribuír a xerar emprego, fixar poboación e reforzar a nosa economía local”, lembrou a rexedora.
As empresas interesadas en concorrer ao contrato para a xestión e posta en marcha do programa, que conta cun orzamento base de licitación de 167.664 euros, terán de prazo ata o vindeiro día 16 de decembro para presentar as súas ofertas. A iniciativa enmárcase no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino “…Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía”, para o que o Goberno Local acadou 2 millóns de euros de fondos europeos Next Generation.
Esta aceleradora busca converterse nun espazo de referencia do emprendemento no sector turístico e enogastronómico en Lugo xa que permitirá identificar e canalizar todos os recursos e ferramentas do ecosistema emprendedor, tanto a nivel público como privado, co obxectivo de poñelos ao dispor dos emprendedores/as participantes e os seus proxectos.
Precisamente porque é unha aceleradora pública, non só busca proxectos invertibles e rendibles cos que obter un retorno dos investimentos, senón que entre os seus principais obxectivos tamén se atopa impulsar e apoiar a creación de novas empresas no sector turístico e enogastronómico; diversificar e modernizar o tecido empresarial lucense; a creación de emprego cualificado atraendo e retendo talento; ao tempo que identificamos e impulsamos ideas de negocio con posibilidades de éxito nestes sectores.
Trátase dun programa de alto rendemento de nove meses de duración que combinará, baixo a supervisión dun equipo de expertos: formación, tutorización, mentoring, asesoramento especializado e procura de financiamento, co fin de poder validar as propostas, arrincar e acelerar as iniciativas empresariais que participen nel. Ao longo deste programa, avaliaranse os progresos dos equipos coa finalidade de que os proxectos sexan presentados a investidores e/ou socios industriais e/ou tecnolóxicos.
Esta iniciativa busca promover o emprendemento turístico e enogastronómico orientado cara á sustentabilidade e enfocado nos recursos turísticos e enogastronómicos endóxenos (patrimonio, natureza, gastronomía, produtos, materias primas, actividades que obriguen a pernoitar, etc.). Deste xeito, preténdese articular un mecanismo de xeración de talento na actividade turística e especialmente na parte enogastronómica.
As fases do programa
1.- Convocatoria: Esta fase discorrerá dende o momento que se lance a convocatoria pública de captación de proxectos emprendedores ata que se publique a listaxe de proxectos elexidos que participarán na Fase II: Talent Day.
2.- Talent Day: A fase de pre-aceleración Talent Day consitirá na organización dunha serie de actividades e dinámicas de grupo que permitirán avaliar as habilidades e competencias dos/as participantes.
3.- Academia: Os proxectos aprobados que sexan aceptados polo Comité Técnico de TurisTalent poderán incoporarase á aceleradora que se ubicará no edificio Impulso Verde, situado na Garaballa.
4.- Turistalent Day: Haberá un evento final para seleccionar os proxectos que pasarán á fase de aceleración.
5.- Aceleración: Tras a celebración do Turistalent Day, os proxectos seleccionados polo Comité Técnico e que acrediten os compromisos descritos nas bases da convocatoria poderán incorporarse á fase de Aceleración.
6.- Investors Day: Os proxectos que superen satisfactoriamente a fase de aceleración poderán presentar o seu proxecto ante un panel de inversores no Investors Day.