A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, acompañada polo técnico de asesoramento á empresas, Norman Veiga, presentou este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a terceira edición do proxecto Xira Mulleres, unha iniciativa que volve a celebrarse por segundo ano consecutivo en Lugo. Trátase dun taller de formación gratuíta, organizado pola Fundación Coca-Cola e Mulleres Fundación, en colaboración co Concello, dirixido a mulleres de entre 18 e 60 anos, empregadas e desempregadas, que ven no emprendemento unha alternativa ao emprego, con proxectos de emprendemento en mente relacionados con actividades económicas relacionadas a Coca-Cola e empresarias que queiran reiventar o seu negocio.
Tal e como avanzou Prieto, este programa para a capacitación persoal e profesional, tanto das mulleres que queiran acceder ao mercado laboral como das que desexen facer realidade o seu negocio, celebrarase os días 10 e 11 de abril, en horario de mañá, de 09:30 a 14:30 horas, no CEI-NODUS.
3 etapas
Da man de entidades especializadas no empoderamento feminino, as participantes terán a oportunidade de atopar o seu camiño a través das súas propias ideas, mediante unha dosis extra de motivación e coñecemento, e a través de tres etapas con módulos diferenciados:
Sobre Xira Mulleres
Xira Mulleres é un dos primeiros programas desenvolvidos en Europa dentro da iniciativa global de Coca-Cola 5by20, que busca empoderar económicamente a cinco millóns de mulleres no mundo en 2020.
Nas súas dúas primeiras edicións, este programa de formación ofreceu a oportunidade a máis de 9.200 mulleres de 116 cidades e 262 cidades de España nos seus dous itinerarios de empregabilidade e emprendedores (GIRA Mujeres Weekend é unha novidade da segunda edición). No seu terceiro ano de funcionamento, ten previsto chegar a outras 4.000 mulleres e, ademais, dará sesións nas cidades portuguesas de Lisboa e Porto. O Concello apoia esta iniciativa dentro do seu compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos, un tema que se traballa de maneira trasversal dende todas as áreas municipais.
Este ano a participación esténdese de 18 a 60 anos, para todas aquelas mulleres que estean interesadas nesta formación, paradas, traballadores e / ou autónomos.
Como realizar a inscrición?
As mulleres interesadas en particiar poden anotarse xa a través do enderezo electrónico norman.veiga@concellodelugo.org ou ben a través do 010.
Audio