Desenvolve Lugo

Lupa

Aberto o prazo de solicitude das axudas a Asociacións Sen Ánimo de Lucro xestionadas por Desenvolvemento Local.

Hoxe, martes 13 de xullo, publícanse no BOP as axudas ás Asociacións Sen Ánimo de Lucro xestionadas por Desenvolvemento Local cun orzamento de 57.500€

Desde mañá haberá un prazo de 15 días hábiles para presentación de solicitudes, o cal remata o día 3 de agosto.

 

Consulta as bases 📎 Bases e anexos

Acordo de aprobación 📎 Acordo XGL aprobación bases e convocatoria

 

CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS ÁS  ASOCIACIÓNS E ENTIDADES  SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA NO EXERCICIO 2021 NO EIDO DA ÁREA DE COHESIÓN E DINAMIZACIÓN SOCIAL.

  

OBXECTO E FINALIDADE

            Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cohesión e Dinamización Social, ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro para cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades desenvolvidas durante o exercicio económico 2021, consideradas de interese para a promoción económica do municipio ou de utilidade pública para o Concello de Lugo no eido do fomento e da dinamización da actividade económica, empresarial, comercial, do emprego e da hostalería no municipio de Lugo.

 

Preténdese dar soporte ás entidades que leven a cabo proxectos de fomento, sensibilización, formación, información e asesoramento sobre a cultura emprendedora, a dinamización económica, o aproveitamento de recursos, a posta en valor do territorio, o fomento do emprendemento e a creación de emprego no municipio de Lugo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituidas e así mesmo inscritas nos rexistros correspondentes, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización de actividades de fomento, promoción económica, comercio, formación empresarial e para o emprego, comercial, empresarial, hostalería e/ou creación de emprego a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo e a creación de emprego, autoemprego e creación de empresas do municipio de Lugo e que cumpran os seguintes requisitos, e que cumpran os requisitos da Base núm.2.

CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS

No orzamento municipal para o exercicio de 2021 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica:

 

Servizo

Aplicación orzamentaria

Importe

Desenvolvemento Local- Área de Cohesión e Dinamización Social

24100.48900

57.500€

 

Subvencionarase ata un máximo do 90% do custo total da acción para a que se solicita a subvención, segundo o orzamento presentado. O importe máximo de subvención por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 2.500 euros.

 

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Vista a natureza das entidades beneficiarias, e no referente á forma de presentación das solicitudes e demáis documentación, faise constar a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos, e a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica do Concello de Lugo, conforme ao establecido nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

             A convocatoria para a concesións das subvencións previstas nas presentes bases, segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro xeral de subvencións se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

 

            O prazo para presentar as solicitudes será de QUINCE DIAS HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da convocatoria no B.O.P. de Lugo, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións (artigo 17.3.b, 18 e 20.8). Asimesmo publicaranse as Bases na páxina web e no Taboleiro de Anuncios (www.lugo.gal) do Concello de Lugo, debendo inserirse no “Portal de Transparencia e Bo Goberno” do Concello de Lugo.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES

 

1.      Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen con anterioridade á finalización do período de xustificación, e en todo caso dentro do ano 2021.

 

2.      Serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade, tales como: alugamentos, gastos de transporte, gastos de pequena reparación, mantemento e conservación de bens propios ou alugados, adquisición de material non inventariable, subministracións (gas, electricidade, teléfono, combustible…) vestiario, prestación de servizos culturais e outros gastos diversos como publicidade, imprenta, etc. ( no caso de que se aporten facturas relativas a combustible ou teléfono deberán estar identificadas a nome da entidade beneficiaria da subvención, ademáis no caso de combustible deberá presentarse documentación adicional que permita a identificación do vehículo así como a súa titularidade pola Asociación ou entidade beneficiaria e a aplicación íntegra ou parcial do gasto á actividade ou programa concreto subvencionado, entendendo como tal aquel que en ningún caso supere o importe de 300,00 €.)

 

3.      Tamén serán subvencionables os gastos de persoal necesario para o desenvolvemento dos programas e actividades subvencionadas, ata un máximo do 40% do importe da subvención concedida.

 

4.      Non serán subvencionables:

–          Os gastos de bebidas alcohólicas ou calquera outro produto que sexa prexudicial para a saúde.

–          Os gastos de investimento, tales como adquisición, construción e reforma de bens inventariables.

–          Os xuros debedores de contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais e os gastos de procedementos xudiciais.

–          Os gastos de degustación gastronómica de calquera tipo. En todo caso terá esta consideración a organización de comidas, catering ou ceas.

–          As facturas e demáis documentos de valor probatorio emitidos por membros da asociación que se subvenciona.

 

DATA LÍMITE PARA A XUSTIFICACIÓN

A data límite para xustificar a totalidade da subvención concedida será a do 30 de novembro de 2021. Transcorrido este prazo, pódense dar dous supostos:

a) Que a entidade beneficiaria presente a xustificación; pero que ésta, a xuízo da oficina xestora, non reúna os requisitos necesarios. Este aspecto comunicaráselle e concederáselle un prazo de dez días para cumprilo, advertíndolle de que de non proceder á subsanación teráselle por desistido da súa solicitude, e entenderase que perde o dereito ao cobro da subvención.

b) Que a entidade beneficiaria non presente a xustificación. Neste suposto requiriráselle para que, no prazo improrrogable de 15 díaspresente a dita xustificación conforme o establecido no artigo 70. 3 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións. A presentación da xustificación no prazo adicional non eximirá á entidade beneficiaria da imposición das sancións que correspondan.

           

Non se realizarán pagos a conta nin anticipados.

 

O pagamento da subvencións realizarase mediante transferencia bancaria á conta facilitada polo perceptor da subvención.

Scroll al inicio