O Concello vén de abrir o prazo de solicitude para as axudas a ONGDs, ás que o Goberno destina preto de 80.000 euros. Trátase dunha liña de subvencións destinada ao apoio de organizacións non gubernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a realización de proxectos de cooperación en países menos desenvolvidos e de sensibilización social dentro do termo municipal de Lugo. Os colectivos interesados poderán presentar as súas instancias, a través do Rexistro Xeral, ata o 23 de novembro.
Concretamente, para proxectos de cooperación existe unha partida de 70.000 euros e financiarase proxectos que contribúan á cobertura de necesidades básicas: como educación, abastecemento ou alimentación, entre outros; así como proxectos de agricultura. Para a liña de sensiblización destínanse 9.800 euros. A contía máxima por colectivo é de 3.000 euros.
Coa convocatoria destas subvencións, o Goberno de Lugo apoia de novo e renova o seu compromiso cos colectivos que traballan no eido social.
Audio