23 abril, 2020

O Ministerio de Industria pon en valor o proxecto pioneiro do Concello de Lugo para asesorar online a autónomos e emprendedores co fin de reforzar os seus negocios

O secretario xeral de Industria e Comercio, Raúl Blanco, e a alcaldesa Lara Méndez, deron hoxe o pistoletazo de saída da iniciativa nunha webinar, á que asistiron 80 participantes. Mónica Álvarez, socia directora en Álvarez Real, abriu o programa falando da  ‘Restruturación financeira e liñas públicas de apoio no Marco del COVID-19 en Lugo’
21 abril, 2020

O Concello organiza este xoves o primeiro seminario online dirixido a autónomos e pemes para fortalecer as súas empresas cando reabran

Esta acción enmárcase no proxecto pioneiro en España, posto en marcha polo Goberno de Lara Méndez en colaboración coa EOI, para asesorar ao tecido empresarial lucense, co fin de minimizar o impacto da pandemia na economía Mónica Álvarez Flores, directora do despacho Álvarez Real de Lugo, será a encargada de impartir o primeiro webinar, que […]
28 marzo, 2020

O goberno de Lara Méndez lembra nunha campaña a importancia de apoiar ao comercio local tras a crise sanitaria

‘Botámoste de menos… e queremos verte moi pronto’ é o lema desta iniciativa para pór en valor a proximidade das pequenas e medianas tendas dos barrios de Lugo  “Cando todo finalice, debemos volver aos negocios locais con máis forza que nunca para contribuír entre todos á recuperación da cidade”, sostén a alcaldesa Mauricio Repetto, edil […]
26 marzo, 2020

O Centro de Emprendemento municipal abre unha canle de comunicación directa para resolver consultas sobre a actividade empresarial durante o confinamento

O CEI-Nodus ofrecerá orientación e dará respostas as dúbidas laborais, sobre tramitación de axudas ou prazos que poidan ter as empresas e autónomos. As orientadoras laborais permanecerán operativas para atender aos usuarios.
25 marzo, 2020

Lara Méndez crea unha mesa de traballo cos sectores produtivos de Lugo para coordinar a estratexia de dinamización económica polo COVID 19

A alcaldesa de Lugo reuniuse por videoconferencia cos colectivos empresariais e autónomos para coñecer a súa situación e escoitar as súas preocupacións e propostas Acompañada do edil de Desenvolvemento Local, avanzoulles as medidas xa articuladas para que poidan dispor de maior liquidez durante o tempo que dure o estado de alarma
24 marzo, 2020

O goberno de Lara Méndez prioriza o pago a provedores e liquidará todas as facturas pendentes nun prazo máximo de 2 meses

A administración local habilitou fórmulas de teletraballo para favorecer esta medida, posibilitada pola recente incorporación de 22 millóns de euros en remanentes