10 mayo, 2019

Unha nova xornada de comercio na rúa volve en maio a Lugo

Carmen Basadre, Sonsoles López, e Marta López presentaron a décimo cuarta edición do Street Market, que se celebrará o martes, 14 de maio, dende as 10:30 horas nuns 90 establecementos dunhas 20 rúas e prazas da cidade
6 mayo, 2019
mupies

O Concello aproba sacar a contratación a instalación do parque infantil na Praza da Milagrosa, coa que completa a humanización do espazo

Conta cun orzamento de licitación duns 25.600 euros e un prazo máximo para a execución de 30 días naturais. Serán un xogo múltiple accesible Na sesión deste mércores deuse luz verde á licenza para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón, consistente nos accesos, edificio docente e polideportivo. O presuposto é de 3.193.240,69€ e o […]
26 abril, 2019

Presentados 200 traballos ao concurso de debuxo sobre a axuda dos fondos FEDER para a descontaminación do Carme

O concurso de debuxo posto en marcha polo Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER); recibiu uns 200 traballos de nenos de entre 6 e 12 anos.
16 abril, 2019

O Concello asina o contrato que permitirá a reconstrución do firme e da rede de pluviais en Salvador de Madariaga

Trátase dunhas tarefas cun orzamento de 109.800 euros e un prazo de execución de 4 meses, que se acometen logo de que a entidade local realizara os ensaios de placa de carga nesta rúa a finais do pasado ano
4 abril, 2019

Concello e Centro Comercial As Termas poñen en marcha a terceira edición do concurso de innovación Wonderful

Ana Prieto e Esteban Patiño presentaron o certame, que ten aberta a inscrición dende hoxe ata o 31 de maio no portal www.proyectowonderful.es Este ano poderase competir en tres categorías: solución Innovadora para tendas e centros comerciais, negocios ou tendas innovadoras  e startups ou proxectos innovadores en calquera campo
28 marzo, 2019

Finde de moda en Lugo, con artesáns, deseñadores e comercio con selo local

Mañá venres,  o Círculo das Artes acollerá a gala Enfiando, dende as 20:30 horas, organizada pola Asociación de Creadores de Moda Lucense, coa colaboración do Concello e a Deputación. As entradas teñen un custo de 15 euros O sábado celebrarase o desfile Lugo vístese de primavera, organizado pola Asociación de Autónomas, tamén coa colaboración da […]