29 enero, 2019

As probas de agility deixan na pasada fin de semana en Lugo un retorno económico duns 500.000€ e uns 11.000 visitantes

O evento, que se celebrou no Pazo de Feiras, por primeira vez na cidade, acadou un 98% en porcentaxe de satisfacción e tivo un seguimento en directo por internet de máis de 20.000 conexións
28 enero, 2019

Arrinca a primeira das 8 actividades de dinamización e apoio ao emprendemento que pediu a veciñanza nos Orzamentos Participativos

Rosana Rielo e Ana Prieto achegáronse este luns ata o CEI-NODUS, espazo municipal que acolle dende hoxe e ata marzo o Programa 3C: Capital Creativo Competitivo Trátase dunha iniciativa que ofrecerá a 20 empresas e persoas emprendedoras asesoramento personalizado para definir e reiventar os seus modelos de negocio
28 enero, 2019

Os establecementos hostaleiros da rúa da Cruz recuperan os Cantos de Taberna

A Alcaldesa, o presidente de Lugo Monumental e os hostaleiros que organizan esta iniciativa convidaron á veciñanza a participar neste evento, que será o sábado 9 de febreiro, a partir das 20:00 horas Lara Méndez puxo o acento nesta cita, «que axuda a fomentar a vida na rúa, a socializar e a recuperar a nosa […]
25 enero, 2019

Os trinta emprendedores e emprendedoras do CEI Nodus comparten experiencia e solucións para mellorar os seus negocios

A trintena de emprendedores e emprendedoras que a día de hoxe están asentados no CEI Nodus do Concello, o que supón o 100% da ocupación, mantiveron este venres un encontro de networking no que “se coñeceron entre eles, así como as fortalezas e debilidades do seu negocio, e compartiron experiencias e solucións, co fin de […]
24 enero, 2019

O Concello arranca as 8 iniciativas de apoio e dinamización do emprendemento que pediu a cidadanía nos Orzamentos Participativos

Trátase de accións formativas, de capacitación e asesoramento dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías e a innovación
23 enero, 2019

O Concello contrata por 1ª vez de forma conxunta todo o subministro eléctrico municipal, o que mellorará a eficiencia do servizo

A Xunta de Goberno aprobou a licitación, que reducirá a carga de traballo administrativo porque haberá dous únicos provedores e baixará o número de facturas emitidas, co cal a revisión e o pago será máis áxil, ademais de producirse un aforro económico Aprobadas as bases para a promoción interna de tres inspectores e dous oficiais […]