21 enero, 2019

O gasto medio do Concello por lucense ascende a 800€, mentres que o esforzo fiscal se mantén nos 600€

A Conta Xeral reflicte que a execución do orzamento do 2017 foi do 76%, porcentaxe que se sitúa na media dos concellos a nivel galego e nacional, aínda tendo en conta que se tratou dun presuposto prorrogado, polo que non puido executarse o capítulo de Investimentos ao non ter consignación
20 diciembre, 2018

Outras 40 actividades máis para dinamizar Lugo no Nadal, grazas ao Concello, Deputación e comerciantes

Trátase dunha campaña coa que se busca promover as compras no pequeno comercio lucense ao tempo que se ofrece unha programación lúdica gratuíta para nenos coa que dinamizar o centro da cidade da muralla Contacontos, representacións teatrais, a visita de Papa Noel ou paseos en cabaliños mecánicos, son só algunhas das actividades que terán lugar […]
19 diciembre, 2018

Adxudicadas as obras de instalación do ascensor do Sagrado Corazón, que comezarán en xaneiro

O Goberno de Lara Méndez cumpre cunha forte demanda cidadá con esta actuación, que, no marco do seu modelo de cidade, mellorará a accesibilidade e comodidade dos veciños e veciñas e, polo tanto, a súa calidade de vida O Executivo ten en marcha a día de hoxe obras en materia de mobilidade por valor de […]
11 diciembre, 2018

O 20% dos mozos e mozas que participaron no programa Empregalia impulsado polo Goberno atopou traballo nada máis acabar a formación

A Alcaldesa e a Concelleira de Economía entregaron os diplomas aos asistentes ás accións formativas impartidas sobre ámbitos profesionais con alta capacidade de inserción laboral, como aplicación e manexo de drons, dinamización de actividades de tempo libre, socorrismo,  hostalería ou xardinería O Concello ten en marcha políticas de emprego por máis de 2M€ que benefician […]
4 diciembre, 2018

10.000 euros en premios no Merca e Gaña polo Nadal, para incentivar as compras nos comercios de Lugo

É a campaña de sensibilización cidadá que promoven, un ano máis, Concello, Deputación e Federación de Comercio Ana Prieto apuntou que “este tipo de campañas son fundamentais para poñer en valor a figura do pequeno comercio, de todas esas tendas que temos nas nosas rúas, ao pé das nosas casas, que son os que realmente […]
21 noviembre, 2018

Este venres, magosto emprendedor no CEI-NODUS

Será a partir das 19:30 horas, na explanada do CEI. É totalmente de balde. As persoas interesadas en participar na cita poden facelo a través do mail norman.veiga@concellodelugo.org O I Magosto Day Networking para Emprendedores é unha actividade de motivación, organizada coa finalidade de fomentar o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre emprendedores […]