21 noviembre, 2024

O Arquivo Municipal estrea nova web para facilitar á cidadanía un acceso áxil a este servizo “gardián do patrimonio documental lucense”

A páxina https://arquivomunicipaldelugo.gal/ é o resultado do traballo levado a cabo polo obradoiro dual de emprego ‘ArquivaLugo’, promovido polo Excutivo de Paula Alvarellos. “Os labores efectuados polos tres módulos que integran o obradoiro suporán un antes e un despois para o funcionamento deste servizo municipal”, destacou a rexedora. Na plataforma poden consultarse, entre outros aspectos, as Actas Consistoriais dos […]
8 noviembre, 2024

O Executivo de Alvarellos colabora con máis dunha decena de entidades lucenses para dinamizar a economía e xerar emprego no municipio

Faino a través da nova convocatoria de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro posta en marcha dende a área de Dinamización Económica, cun investimento de 18.000€. “Con estas axudas queremos seguir brindando apoio a todas aquelas iniciativas e proxectos locais cos que se acade a xeración de emprego”, explicou Mauricio Repetto. O Concello vén […]
5 noviembre, 2024

O Executivo de Alvarellos pon en marcha un proceso participativo para concorrer á nova convocatoria de fondos FEDER, o Plan EDIL, co que o Goberno local aspira a mellorar a zona norte da cidade

Alvarellos: “Desde mañá habilitaremos unha enquisa na páxina web municipal para que a veciñanza lucense poida mostrar a súa opinión sobre as prioridades de actuación”. Esta nova liña de axudas europeas pretenden promover o desenvolvemento urbano sostible desde a triple perspectiva medioambiental, económica e social. A través deste programa,  no que Lugo optará a un […]
29 octubre, 2024

Mauricio Repetto participa na primeira sesión de co-deseño do CAM de Lugo xunto con axentes culturais de referencia a nivel nacional

Preto dunha vintena de persoas do ámbito artístico e cultural asistiron ao encontro, baixo o título Residencias artísticas: creación, lugares, vínculos. O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou este martes no Coliving Artístico Municipal do Carme na sesión Residencias artísticas: creación, lugares, vínculos, a primeira das xornadas enmarcadas no programa Páxina en branco: sesións de codiseño para […]
22 octubre, 2024

Alumnado do IES Muralla Romana coñece o CEI-Nodus e as súas oportunidades de emprendemento

Vinte estudantes da asignatura Iniciativa Emprendedora, pertencentes aos ciclos de Administración de sistemas informáticos en rede e Asesoría de imaxe persoal e corporativa, participaron na visita. «É esencial que os mozos e mozas coñezan as ferramentas dispoñibles para desenvolver os seus proxectos», afirmou Mauricio Repetto. Vinte estudantes da asignatura de Iniciativa Emprendedora do IES Muralla […]
13 agosto, 2024

O Concello retoma a adxudicación da cafetería do CEI Nodus e rebaixa o canon aos 500 euros ao mes para facer máis atractiva a concesión

A Xunta de Goberno Local aprobará este mércores publicar unha nova convocatoria para a cesión desta dotación municipal por un mínimo de dous anos, prorrogables ata os dez. Ademais, permitirase o peche do establecemento no período vacacional durante 15 días e amplíase o requisito da experiencia previa en hostalería ata os últimos 10 anos. O […]