24 marzo, 2020

O goberno de Lara Méndez prioriza o pago a provedores e liquidará todas as facturas pendentes nun prazo máximo de 2 meses

A administración local habilitou fórmulas de teletraballo para favorecer esta medida, posibilitada pola recente incorporación de 22 millóns de euros en remanentes
21 marzo, 2020

A solidez das contas de 2019 permiten ao Concello de Lugo afrontar o investimento extraordinario de 5 millóns de euros en familias, autónomos e pemes para paliar os efectos do COVID 19

Conta cun aforro de remanente de tesourería de 51’6 millóns, dos que a alcaldesa acaba de autorizar que se incorporen 22 millóns para seguir executando o gasto comprometido Lara Méndez sostén que “a nosa solidez e solvencia a curto e longo prazo nos da cobertura para os gastos fixos e extraordinarios e para levar a […]
6 marzo, 2020

Lara Méndez porá en marcha o I Plan Muramiñae Rehabilita de mellora dos dez barrios da zona DUSI con brigadas formadas por colectivos vulnerables

A alcaldesa anuncia un Plan de Intervención Socio-Laboral que permitirá actuar nos espazos públicos ao mesmo tempo que se lle da unha oportunidade laboral a 24 persoas Terán prioridade inmigrantes e minorías étnicas, poboación numerosa na zona DUSI xa que o Muramiñae “busca tamén a rexeneración económica e social da contorna fluvial” O Concello abrirá […]
5 marzo, 2020

A Alcaldesa preside o acto de toma de posesión de Cesar Castiñeira Muiña

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns o acto de toma de posesión de Cesar Castiñeira Muiña, como funcionario de carreira A1- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
13 enero, 2020

Desenvolvemento Local contará proximamente cun Axente de Emprego municipal para captar investimentos

Mauricio Repetto sinala que “este traballador se centrará exclusivamente no fomento do emprendemento e na promoción de actividade empresarial”
25 noviembre, 2019

O EspazoLab acollerá dende o mércores unha exposición fotógrafica para concienciar sobre as capacidades laborais das persoas con diversidade funcional

Visibilizar para sensibilizar. Con ese obxectivo o CEI – Nodus inaugurará este mércores, día 27, unha exposición fotográfica coa que a área de Desenvolvemento Local e Emprego quere difundir non só as aptitudes de emprendemento das persoas con diversidade funcional senón tamén as súas potencialidades laborais.