Para Ana Prieto esta sinerxia supón unha oportunidade máis de seguir dando a coñecer, e máis concretamente na comunidade escolar, todos os aspectos relacionados con Europa, fomentando os intercambios, o diálogo e o entendemento entre as institucións e a opinión pública, así como a difusión de diversas actividades. Nesta liña, a edil lembrou como Europa contribuíu e está a contribuír a mellorar Lugo e a calidade de vida dos veciños e veciñas, a través de iniciativas financiadas con fondos europeos, como o Muramiñae, para unir a cidade e o Miño, o Lugo+Biodinámico, para impulsar unha cidade sostible, ou o Lugo Smart City, co obxecto de avanzar na implantación da administración electrónica e aproveitar as novas tecnoloxías para mellorar a eficacia dos servizos públicos.
No marco desta colaboración, o Concello facilita a FAPACEL un local no edificio no que se ubica o Espazo Lab, no antigo cuartel de Garabolos, dende onde se informa á cidadanía de todos os aspectos institucionais relacionados coa Unión Europea, dende onde se programan actividades ao longo do ano para dar a coñecer a pertenza de Lugo á Unión Europea e tamén dende onde se implementan todos os programas de emprego, formación e orientación laboral, tanto con financiamento propio como europeo.
Audio