En Desenvolve Lugo impulsamos o emprendemento mediante dúas iniciativas principais. O CEI-Nodus ofrece un entorno idóneo para crear e consolidar empresas innovadoras, combinando infraestruturas, asesoramento técnico, formación en xestión e innovación, e apoio a proxectos vinculados ao I+D+i. Europe Direct-Lugo, pola súa banda, achega información e asesoramento sobre políticas, programas e oportunidades de financiamento da Unión Europea.
En Desenvolve Lugo apoiamos ás persoas demandantes de emprego a través do Espazo Lab, un centro de referencia que ofrece orientación personalizada, formación especializada e intermediación coas empresas. Conta con instalacións modernas e ferramentas para mellorar a empregabilidade, ademais de cursos e recursos actualizados. Tamén identifica novas tendencias laborais para axudar ás persoas usuarias a adaptar o seu perfil e acceder con éxito ao mercado de traballo.

O Cei Nodus, ten entre un dos fins principais favorecer consolidación empresarial das empresas lucenses, especialmente aquelas que se instalan no “Viveiro municipal»
Por ese motivo deséñanse programas e actuacións dirixidas a desenvolver programas de marketing, comunicación e ventas para mellorar o posicionamento das empresas no mercado.
Tamén se realizan actuacións dirixidas a xeración de novos produtos e/ou servizos así como a mellora dos existentes.
O obxectivo cos diferentes programas de axuda e superar as elevadas taxas de mortalidade das empresas de nova creación máis aló dos catro anos de incubación no Cei Nodus.
Asi neste quince anos somos quen de superar o 70% de supervivencia das empresas instaladas no Cei Nodus, superando os ratios nacionais e mesmo internacionais.