Creación de empresas
A estretexia de fomento do emprendemento que o Concello de Lugo realiza a través do Cei Nodus, está baseado na creación dun ecosistema emprendedor no que se faciliten as condicións máis adecuadas para favorecer o inicio e posta en marcha de iniciativas empesarias. A misión e impulsar o Cei Nodus como un espazo atractivo para recoller o talento, aberto, competitivo e dinámico e que xere oportunidades de emprego e desenvolvemento económico sostible.
Para a consecucións destes fins o Cei Nodus plantea programas divesrsos para a creación de proxectos empresariais
Solicita a túa cita, se tes unha idea de negocio e respostaremos a pregunta » por onde empezar, donde se plantexaremos unha folla de ruta para que podas facer realidade o teu proxecto empresarial.
En resumo, desde o Cei Nodus, se facilitan as ferramentas necesarias para poñer en marcha os proxectos empresariais.
Por ese motivo deséñanse programas e actuacións dirixidas a desenvolver programas de marketing, comunicación e ventas para mellorar o posicionamento das empresas no mercado.
Tamén se realizan actuacións dirixidas a xeración de novos produtos e/ou servizos así como a mellora dos existentes.
O obxectivo cos diferentes programas de axuda e superar as elevadas taxas de mortalidade das empresas de nova creación máis aló dos catro anos de incubación no Cei Nodus.
Asi neste quince anos somos quen de superar o 70% de supervivencia das empresas instaladas no Cei Nodus, superando os ratios nacionais e mesmo internacionais.