
Emprendedores
O Centro de Empresas e Innovación de Lugo está ao servicio de todas as empresas de Lugo, pero sobre todo quere ser un instrumento útil para os emprendedores. As nosas accións están dirixidas a apoialos e por iso adaptamos a eles a nosa oferta e toda unha serie de servizos.
Ademais, o equipo técnico do CEI ofrécelle a cada unha das empresas asentadas no Centro seguemento e asesoramento en:
Consultoría empresarial e tecnolóxica e, dun xeito particular, asesoramento en procesos de spin-off.
Servizo de información e orientación nos trámites de posta en marcha da nova empresa.
Información inmediata sobre subvencións, axudas, bases de datos e outros aspectos de interese para a empresa..
Xestión e difusión da transferencia tecnolóxica e promoción de actividades de innovación.
Formación contínua, e dun xeito especial, cursos divulgativos e especializados en novas tecnoloxías.
Servizo de diagnóstico de problemas e de aplicación de solucións.
Asesoramento, procura de financiamento e Servizo de información on-line.
Identificación de mercados potenciais e oportunidades de negocio.
Servizo de recepción de correo e domiciliación postal ex post.
Servizos loxísticos e administrativos.
Obrigas fiscais de empresarios e profesionais
Solicitude de información e asesoramento