Escola rural
O Obradoiro de emprego Escola Rural está promovido polo Concello de Lugo e subvencionado polo Fondo Social Europeo a través da Consellería de Traballo
Ten como obxecto a rehabilitación das antigas escolas rurais de Airexe (Labio) e de Cabanas (Santa Comba) que despois da súa rehabilitación quedarán habilitadas como centro cívico das respectivas parroquias.
Os Obradoiros de Emprego son programas mixtos de formación e emprego que se inclúen como medidas de apoio á creación de emprego.
As persoas participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante:
A realización de obras ou servizos de utilidade pública, ou de interese social, relacionados cos novos xacementos de emprego.
A formación ocupacional recibida, relacionada cos traballos realizados, procura a cualificación profesional, mellorando a inserción ou reinserción laboral.
Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónase orientación, asesoramento e información profesional e empresarial.
Deste xeito mellórase a posterior inserción laboral: por conta allea, mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.
No Obradoiro de emprego “Escola rural” participan un total de 21 traballadores que se formarán nas especialidades de albanelería e carpintería.