Que é o Espazo Lab?

null

Entra no Espazo Lab

E consulta a información que precises

Orientación e intermediación laboral – Formación – Proxectos

O Espazo Lab, situado no antigo cuartel de Garabolos, é o servizo integral de orientación, formación e desenvolvemento dos programas de fomento do emprego do Concello de Lugo. Conta cun equipo de profesionais especializados no asesoramento laboral que coordinan as distintas iniciativas municipais en materia de emprego e, ademais, funcionan como nexo de unión entre as empresas e as persoas demandantes de emprego.

Últimas novas

A rexedora, acompañada do edil de Dinamización Económica, interesouse polo progreso do alumnado, no ecuador da súa formación, que tamén inclúe o deseño de páxinas web e de produtos gráficos. “A …
A xornada estivo organizada por Espazo Lab, o servizo de orientación, formación e desenvolvemento dos programas de fomento do emprego do Concello de Lugo. Alvarellos: “Con esta iniciativa buscamos facilitar a …
Terá lugar no CEI Nodus o luns 24 organizada por Espazo Lab, o servizo de orientación, formación e desenvolvemento dos programas de fomento do emprego do Concello. Repetto: “A cita ten …

Proxectos

Desde o ano 2000 o Concello de Lugo, pon en marcha distintos proxectos  no eido da inserción laboral e o emprego.

Obradoiros de emprego

Desde o  Concello de Lugo, realízase durante todo o ano unha ampla oferta de cursos de moi diversas materias,  co obxectivo de que todos os cidadáns teñan acceso a unha formación adecuada ás  súas necesidades.

Formación

null

AFD 2017-2018

Cada curso, que se desenvolverá no Espazo Lab, conta con 618 horas formativas, das que 120 serán prácticas e 18 de formación transversal. É imprescindible estar desempregado e anotado nas Oficinas de Emprego

null

Obradoiros formativos

Xunto á formación específica de cada especialidade, as persoas recibirán formación adicional de carácter xeral en informática, inglés básico, habilidades sociais e fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

null

Outras accións formativas

Día a día crece o número de ofertas formativas a través de Internet, e é que toda a sociedade é consciente das vantaxes que esta modalidade de formación incorpora, de tal xeito que podemos atopar toda unha gama de cursos que van desde temas específicos en determinadas materias e disciplinas ata cursos de idiomas, etc.

Orientación laboral

null

Vota aquí unha ollada

E resolve as túas dúbidas coa nosa axuda

O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lugo no Espazo Lab presta unha atención personalizada a todas aquelas persoas que participan nos distintos programas de inserción sociolaboral que desenvolve este servizo.

Na sociedade actual, a globalización e a forte especialización fomentan no mercado laboral unha alta competitividade e constantes variacións nas tendencias do traballo. Fronte a esta situación, a figura do orientador laboral ofrece solucións personalizadas aos traballadores e traballadoras e ás persoas demandantes de emprego co fin de axudarlles a mellorar as súas capacidades e adaptar os perfís profesionais ás necesidades do mercado laboral, para situar a cada persoa no ámbito profesional máis idóneo segundo as súas características (formación, habilidades, expectativas laborais…) e a súa contorna socioeconómica.