Eurotroco
O Eurotroco é un programa da Unión Europea que lles dá a posibilidade ós emprendedores de intercambiar experiencias e coñecer como se traballa nos sectores do seu interese noutros países.
O programa que xestiona o Concello de Lugo cofinanciado pola Unión Europe beneficiou a 30 emprendedores, dando prioridade a aqueles con novas empresas ou proxectos de empresa, que pasaron un mes con empresarios de acollida en Italia e Suecia. O programa Erasmus for Young Entrepeneurs (EYE) é un proxecto piloto financiado pola UE que pretende favorecer os contactos interempresariais, o coñecemento de novos mercados e formas de traballo, así como a internacionalización das empresas.Para levar a cabo este proxecto o Concello de Lugo contou cunha rede de socios europeos: a Alfombra Roja en Estocolmo e a Academia Europea de Florencia, que foron os encargados de localizar aos emprendedores de acollida nestes países.
O orzamento total de Eurotroco foron 52.078,29 €, dos cales 40.084,88€ corresponden á subvención concedida pola Comisión Europea, 10.735,07€ corresponden á cofinanciación do Concello de Lugo e os 1.258,53€ restantes son cofinanciados polos socios europeos.
Os emprendedores lucenses que partiparon neste proxecto contaron con 950 €/mes no caso de ir a Suecia e 900€/mes os que escolleron ir a Italia (máximos permitidos pola UE para viaxe e gastos de estadía).
O obxectivo do Goberno Local é seguir a apostar pola formación dos lucenses para que poidan competir no mercado laboral e empresarial de calidade.