A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, déronlle a benvida este luns, no Vello Cárcere, ás persoas participantes no segundo obradoiro deFuture Jobs Tools, un dos proxectos seleccionados dos Orzamentos Participativos, no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á súa vida laboral están a coñecer as tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade da man de especialistas.
Esta iniciativa de formación para o emprendemento, que arrincou a pasada semana, consta de 3 obradoiros, que se impartirán entre febreiro e marzo, basados na novela empresarial El Desafío de Yago, a secuela de La Aventura de Diana, unha referencia na aprendizaxe da innovación.