Formación
Mediante a realización de accións formativas preténdese facilitar os desempregados a adquisición de coñecementos que melloren e amplíen as posibilidades de inserción laboral.
Algunhas destas accións formativas están integradas nos proxectos europeos de favorecemento do emprego, a través de itinerarios personalizados de inserción laboral.
Máis información nos datos de contacto.
- Avda. da Coruña, 500 (Antigo cuartel de Garabolos)
- Tfno.: 982 297 361
- espazolab@concellodelugo.org
Opcións formativas
Outras accións formativas
Día a día crece o número de ofertas formativas a través de Internet, e é que toda a sociedade é consciente das vantaxes que esta modalidade de formación incorpora, de tal xeito que podemos atopar toda unha gama de cursos que van desde temas específicos en determinadas materias e disciplinas ata cursos de idiomas, etc.