Emprendedores, startups e empresas turísticas aínda están a tempo de presentar os seus proxectos a través da sede electrónica do […]
Que é o Espazo Lab?
Orientación e intermediación laboral – Formación – Proxectos
O Espazo Lab, situado no antigo cuartel de Garabolos, é o servizo integral de orientación, formación e desenvolvemento dos programas de fomento do emprego do Concello de Lugo. Conta cun equipo de profesionais especializados no asesoramento laboral que coordinan as distintas iniciativas municipais en materia de emprego e, ademais, funcionan como nexo de unión entre as empresas e as persoas demandantes de emprego.
Últimas novas
O Concello vén de licitar por un importe de 32.404,99 € a elaboración dun estudo de viabilidade para desenvolver un […]
Miguel Fernández considera que “a peonalización intra muralla vai supoñer un revulsivo para o sector local e para a dinamización […]
As persoas e empresas interesadas poderán presentar os seus proxectos ata o 11 de xullo a través da sede electrónica […]
O Executivo de Miguel Fernández aprobou na Xunta de Goberno Local concorrer á nova convocatoria de centros para dar continuidade […]
SEGITTUR avalía favorablemente o municipio lucense como destino turístico sostible, innovador e accesible tras completar o Diagnóstico DTI. Este diagnóstico, […]
Trátase da iniciativa de inclusión socio-laboral “Tecer para Medrar” coa que colabora o goberno municipal cendendo un espazo no CEI-Nodus […]
O rexedor, acompañado da voceira municipal Ana Abelleira, participou na inauguración do novo establecemento, situado na planta baixa do centro […]
Esta colaboración entre o Concello e a compañía internacional ten como obxectivo facilitar espazos para a formación e a creación […]
Europe Direct Lugo consolídase como o centro oficial de información europea de referencia en Galicia
O centro, posto en marcha polo Concello de Lugo no ano 2009, é actualmente o único da comunidade galega designado […]
O alcalde participou este martes na reunión de lanzamento do programa que incluirá formación especializada, asesoramento técnico e apoio na […]
Os proxectos seleccionados para participar neste programa recibirán formación especializada, asesoramento técnico e apoio na procura de financiamento. «Con esta […]
Proxectos
Desde o ano 2000 o Concello de Lugo, pon en marcha distintos proxectos no eido da inserción laboral e o emprego.
Obradoiros de emprego
Desde o Concello de Lugo, realízase durante todo o ano unha ampla oferta de cursos de moi diversas materias, co obxectivo de que todos os cidadáns teñan acceso a unha formación adecuada ás súas necesidades.
Formación
Outras accións formativas
Día a día crece o número de ofertas formativas a través de Internet, e é que toda a sociedade é consciente das vantaxes que esta modalidade de formación incorpora, de tal xeito que podemos atopar toda unha gama de cursos que van desde temas específicos en determinadas materias e disciplinas ata cursos de idiomas, etc.
Orientación laboral
O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lugo no Espazo Lab presta unha atención personalizada a todas aquelas persoas que participan nos distintos programas de inserción sociolaboral que desenvolve este servizo.
Na sociedade actual, a globalización e a forte especialización fomentan no mercado laboral unha alta competitividade e constantes variacións nas tendencias do traballo. Fronte a esta situación, a figura do orientador laboral ofrece solucións personalizadas aos traballadores e traballadoras e ás persoas demandantes de emprego co fin de axudarlles a mellorar as súas capacidades e adaptar os perfís profesionais ás necesidades do mercado laboral, para situar a cada persoa no ámbito profesional máis idóneo segundo as súas características (formación, habilidades, expectativas laborais…) e a súa contorna socioeconómica.

