Os nosos datos
- Avda. da Coruña,500 (Antigo cuartel de Garabolos)
- Tfno.: 982 297 361
- Fax.: 982 297 364
- espazolab@lugo.gal
En Desenvolve Lugo impulsamos o emprendemento mediante dúas iniciativas principais. O CEI-Nodus ofrece un entorno idóneo para crear e consolidar empresas innovadoras, combinando infraestruturas, asesoramento técnico, formación en xestión e innovación, e apoio a proxectos vinculados ao I+D+i. Europe Direct-Lugo, pola súa banda, achega información e asesoramento sobre políticas, programas e oportunidades de financiamento da Unión Europea.
En Desenvolve Lugo apoiamos ás persoas demandantes de emprego a través do Espazo Lab, un centro de referencia que ofrece orientación personalizada, formación especializada e intermediación coas empresas. Conta con instalacións modernas e ferramentas para mellorar a empregabilidade, ademais de cursos e recursos actualizados. Tamén identifica novas tendencias laborais para axudar ás persoas usuarias a adaptar o seu perfil e acceder con éxito ao mercado de traballo.

O Espazo Lab, situado no antigo cuartel de Garabolos, é o servizo integral de orientación, formación e desenvolvemento dos programas de fomento do emprego do Concello de Lugo. Conta cun equipo de profesionais especializados no asesoramento laboral que coordinan as distintas iniciativas municipais en materia de emprego e, ademais, funcionan como nexo de unión entre as empresas e as persoas demandantes de emprego.
Espazo>lab atópase ubicado no Antigo cuartel de Garabolos sito na Avenida da Coruña 500 Lugo.
A través deste servizo municipal, o Concello de Lugo ofrece máis prestacións aos demandantes de emprego poñendo a súa disposición gratuitamente unhas modernas instalacións dotadas coas tecnoloxías máis innovadoras e cun completo equipo de profesionais que lles presta unha atención personalizada. Os usuarios e usuarias atopan ferramentas informáticas para buscar emprego ou crear o seu currículo; poden consultar as ofertas máis actualizadas, así como prensa e revistas especializadas; e, ademais, asistir a cursos, seminarios e charlas sobre distintos temas relacionados co emprego.
Este centro ten un antecedente directo na Escola para o Emprego, creada ao abeiro do exitoso programa “Lugo, abrindo camiños”. Seguindo unha liña aínda máis ambiciosa, Espazo Lab converteuse no lugar de referencia de todas as entidades que traballan polo emprego na cidade de Lugo e que unen as súas forzas no Pacto Territorial polo Emprego. Ademais, pola súa estratéxica situación, situado xunto ao CEI-NODUS, o antigo Cuartel de Garabolos convértese no centro de promoción de emprego e creación de empresas da cidade por excelencia.
Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; resolver as dúbidas plantexadas. A Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Lugo Internet. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información