A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, lembrou este luns que o Concello vén de abrir o prazo para os novos cursos de busca de traballo que organiza o Goberno, a través de Europe Directo-Lugo, o centro de información europea da entidade local.
As persoas interesadas deben enviar cuberta unha ficha de inscrición (que se pode descargar na web do Concello, www.lugo.gal), a EspazoDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou entregala nas propopias instalacións do Espazo Lab; ata o 15 de novembro. Os talleres celebraranse do 20 ao 23 de novembro no Espazo Lab, enmarcados dentro da Semana Europea de Emprego.
Esta nova iniciativa responde ao compromiso do Goberno coa creación do emprego, independente de non ter as competencias, dedicando no orzamento deste ano 3 millóns de euros a políticas de emprego. No marco do esforzo e do traballo para promover a inserción laboral, o equipo de Lara Méndez ten proxectos en marcha de máis de 2 millóns de euros e preto de 300 persoas beneficiarias, entre o plan Empregalia, Inicia Coworking, o viveiro de empresas a pé de rúa na Tinería, os obradorios Fórum 4.0 e InteracTICvate ou o Mellora Lugo 2018.
Os obradoiros
Os obradoiros para a busca de emprego e as datas nas que se impartirán son os seguintes:
O horario no que se impartirán é de 09:30 a 13:30 horas.
Audio
Documento