A alcaldesa, Lara Méndez, e o concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, fixeron entrega este xoves do diploma de Establecemento de Confianza aos xerentes de dous locais de hostalería e comercio da cidade, logo de completar a formación online da estratexia Lugo Seguro.
O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha esta iniciativa pioneira a través da concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego para xerar confianza e recuperar a demanda no comercio e a hostalaría lucenses, dous dos sectores máis afectados pola pandemia e que supoñen o 25% do emprego no municipio lugués.
A formación tivo unha duración de catro semanas, durante as cales preto de 200 traballadores de locais comerciais e de hostalería da cidade adquiriron as habilidades e coñecementos precisos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19, da man de expertos e profesionais da medicina, a psicoloxía e a comunicación.