A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na entrega de premios da campaña “Agora máis ca nunca nas tendas hai que entrar, aínda que sexa de visita”, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo.
En total, a campaña repartiu 1.000 euros en tarxetas regalo, cinco vales de 20€, catro vales de 50€, dous vales de 100€, un vale de 200€ e outro de 300€, para gastar no comercio local. No acto tamén participaron o Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto; o Deputado da Área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López.